Catálogo Iacobus: Interpretación de rexistros

Abre Catálogo Iacobus noutra ventana para traballar con este tutorial.

Cando facemos unha busca no catálogo, simple ou avanzada, obtemos unha serie de resultados: son os “rexistros bibliográficos”.


Vexamos como interpretalos para poder acceder ao documento que nos interesa.

Preme nas frechas para seguir o titorial.

Preme nas imaxes para velas máis grandes.

Clica nos conceptos subliñados para obter máis información.

Comezamos...

Libros

1 of 2

Comecemos por un libro. Imos facer unha busca sinxela no campo tema galego. Introduce na caixa de busca o termo “farmacoterapia”. Dalle a enviar e aparecerán 7 rexistros que incluén ese termo como tema.

Escolle o último deles Farmacoterapia-Manuais e fai clic no enlace. Aparecerá un listado de rexistros baixo esta materia.

Verás que á esquerda da pantalla aparece unha icona e unha data.

A icona indica o tipo de material (neste caso, libro) e a data é a de edición. Esto é moi útil se hai moitas edicións da mesma obra, pois podes visualizar a data fácilmente e acceder á que che interese.

¿En qué ano foi publicada a obra Manual de Introducción a la Farmacia Clínica?

Os diferentes tipos de materiais teñen distintas iconas asociadas. Aquí podes ver o seu significado:

Libros

2 of 2

Agora fai clic no título Manual de Introducción a la farmacia clínica e accederás ao rexistro completo da obra. Tamén podes acceder mediante o botón

Deberías visualizar o rexistro así (preme na imaxe para vela máis grande):

Na parte superior amósanse os datos bibliográficos: título, autor/es, materias, datos de edición e publicación, etc.
Na parte inferior tes información sobre os exemplares que existen na BUSC: a biblioteca ou bibliotecas nas que se atopa, a signatura topográfica , o tipo de consulta permitido e a súa dispoñibilidade.

¿Cál é a signatura do exemplar que podes levar prestado por máis tempo?

Capítulos de libros

Fai unha nova busca. No campo título introduce os termos "Baile del sol". Aparecen dous rexistros, clica no primeiro deles:

Na parte esquerda, verás unha icona diferente á anterior , xa que agora non se trata dun libro.
O que máis chama a atención é que non aparecen exemplares… ¿por qué?
Porque é un capítulo ou parte dunha obra.

No campo “artigo de” aparecen os datos da obra completa e as páxinas onde podes atopar este artigo.

¿En qué páxinas da obra atoparás este artigo?

Debaixo, se clicas vas ser redirixido ó rexistro da obra completa, onde atoparás os datos para acceder a ela.

¿Podes levar prestada esa obra?

Publicación periódica

Agora buscaremos unha publicación periódica. Fai unha nova busca no campo Título de revista introducindo os termos "Revista de Investigación Agraria".

Aparecerá este rexistro:

A icona da esquerda indica que é unha publicación que ten versión electrónica.

Á dereita tes os datos da revista: título, datos de publicación, descrición física, periodicidade, data de comezo (e, se é o caso, de cese), notas sobre a publicación, outra información relevante como títulos alternativos ou revistas anteriores que se fusionaron nesta.

Qué periodicidade ten esta revista?

Debaixo do rexistro indica que debes premer SFX para acceder á versión electrónica da revista. O botón SFX está á dereita da pantalla:

A continuación, amosa a información sobre os exemplares en papel. Podes ver os que se atopan en cada unha das bibliotecas: cando se separan por guión (-) indica que posúen todos os números intermedios, se se separan por coma (,) só teñen eses números concretos.

¿En qué biblioteca/s podes atopar o volume 11 da revista?

Artigo de revista

Faremos agora a seguinte busca: No campo Título introduce os termos “Aspectos antropológicos del Camino de Santiago”.
Obtemos como resultado un artigo dunha revista:

No campo "artigo de" indícache onde localizalo. Fíxate no número, ano e páxinas.

¿En qué número da revista podes atopar ese artigo?

Se clicas en  accederás aos datos da propia revista: na parte superior, os datos bibliográficos e na parte inferior, as bibliotecas que a posúen. Debes fixarte nos números que hai en cada unha delas para saber onde podes localizar o que che interesa.

¿En qué biblioteca/s podes consultar o número 45 da revista?

Interpretación de rexistros

Xa está, démosche unhas ideas básicas para poder interpretar os resultados das túas buscas e acceder aos documentos do teu interese.

Sabes que ante calquera dúbida podes contactar co persoal da túa biblioteca!

 

Envío de resultados

Por favor introduza o seu nome e dirección de mail para obter unha copia do seu cuestionario.

Pode indicar varias separadas por comas. Se está facendo esta proba dentro dun curso pode indicar tamén o do instructor.