Catálogo Iacobus: Busca simple

Abre Catálogo Iacobus noutra ventana para traballar con este tutorial.

Neste titorial aprenderemos a facer buscas simples no catálogo da BUSC, que podes ver á túa dereita.

Preme nas frechas para navegar polas distintas páxinas.

Facendo clic nas imaxes podes velas máis grandes.

Fai clic nos termos subliñados para ampliar información.


Comezamos…

Busca por palabra clave

1 of 3

A busca por palabra clave é a que se ofrece por defecto. É útil cando non se coñecen con exactitude os termos de busca, o nome do autor ou o título exacto dunha obra.

O teu turno:

Sóache que o profesor falou dun manual moi importante. O autor tiña "Royo" como apelido e trataba de dereito financeiro… Como os datos que recordas non son moi precisos, busquemos en palabra clave.

Introduce os termos Royo Derecho Financiero na caixa de busca.

barra de busca

¿Cantas edicións ten a biblioteca desa obra?

Busca por palabra clave

2 of 3

Tamén podemos usar o campo Palabra clave para facer buscas moi xerais sobre un tema. Vexamos…

Fai unha 

Introduce na caixa os termos fotografía prensa no campo Palabra clave.

Despois dalle a .

¿Cántos resultados atopas?

Entre os resultados da busca, aparece a obra El universo de la fotografía. ¿Quén é o autor?

Busca por palabra clave

3 of 3

Como fixemos a busca por palabra chave, recupera rexistros que conteñen os termos fotografía e prensa, pero non necesariamente xuntos… isto é porque o sistema inclúe por defecto un “and” (e) entre os termos.

Baixa polo listado de resultados ata que atopes a obra Por una función crítica de la fotografía de prensa de Pepe Baeza.

Fai click no título ou en e fíxate no apartado Tema. Aparecen os encabezamentos de materia desa obra. A partir deles podemos ver outras obras coa mesma materia, polo que podemos concretar máis a nosa busca.


Proba: fai click na materia “fotografía de prensa

Cantos rexistros hai baixo esta materia?

Busca por tema

1 of 2

Podemos facer directamente a busca no campo Tema. Imos probar… Fai click en

Escolle o campo Tema e introduce na caixa prensa gallega. Dalle a enviar.

 

Uppss, ¿qué ocorre?

Os encabezamentos de materia no catálogo da BUSC están en galego, por iso te redirixe ó termo correcto: “prensa galega”.

Fai click no termo en galego…

Xa está, velaí tes os rexistros para ese tema

¿Cántos rexistros hai baixo esta materia?

Busca por tema

2 of 2


Agora que xa o sabes, fai unha por tema, esta vez escolle o campo Tema galego e escribe na caixa de busca: prensa e política.

Baixa polos resultados ata que atopes Prensa e política-Galicia e clica para ver os resultados

Mira o rexistro "A Complicidade da prensa"... ¿qué documento cres que é?

Os diferentes tipos de materiais teñen distintas iconas asociadas. Aquí podes ver o seu significado:

Busca por autor

Probemos agora a busca por autor… Margarita Ledo Andión é unha xornalista e escritora que fixo numerosas investigacións sobre a prensa galega.

Vexamos qué ten a BUSC desta autora.

¿Cómo farías a busca?

Fai click en  escolle no despregable a opción autor e introduce os termos de busca como acabamos de ver. Despois dalle a enviar.

¿Cántas entrevistas hai a esta autora no catálogo?

Busca por título

Agora imos buscar un libro concreto do que coñecemos o título: O diario postelevisivo. Vai a  e escolle a opción de título no despregable. A continuacion escribe o título na caixa de busca.

Lembra que debes omitir os artigos iniciais!!

¿Poderías levar algún exemplar en préstamo?

Busca en subcatálogos

1 of 3

Ata agora estivemos facendo buscas sobre toda a colección  da BUSC, ou o que é o mesmo, sobre o catálogo completo.

Pero é posible limitar a túa busca a unha parte concreta da colección, a un subcatálogo.

Podes escoller no despregable que tes na parte superior da pantalla:

 

ou no índice da parte inferior:

Busca en subcatálogos

2 of 3

Imos probar: Busca no fondo galego ou catálogo Galicia o termo "inmigrantes" no campo Tema Galego.

¿Cántos resultados obtés?

Busca en subcatálogos

3 of 3

Imos facer outra proba. Agora tes que atopar obras de Camilo José Cela incluidos na Biblioteca América.

Pódelo facer sen axuda, non si?

Entre os resultados aparece unha edición de La familia de Pascual Duarte. ¿En qué idioma?

 

Fin do titorial

Xa estás preparado/a para realizar buscas simples no catálogo da BUSC, segue probando con distintos termos nos diferentes campos de busca.

Se tes dúbidas, consulta co persoal da túa biblioteca.

 

Envío de resultados

Por favor introduza o seu nome e dirección de mail para obter unha copia do seu cuestionario.

Pode indicar varias separadas por comas. Se está facendo esta proba dentro dun curso pode indicar tamén o do instructor.