Catálogo Iacobus: Buscar bibliografía recomendada

Abre Catálogo Iacobus noutra ventana para traballar con este tutorial.

Neste titorial aprenderás a buscar e localizar a bibliografía recomendada nas distintas materias do teu plan de estudos.

Utiliza as frechas para seguir o titorial.

Preme nas imaxes para velas máis grandes.

Clica nos conceptos subliñados para obter máis información.

Comezamos...

Dende a páxina principal do catálogo, que podes ver á túa dereita, podes acceder a esta bibliografía recomendada:

Mira no recadro Buscar en (parte inferior da páxina), aí aparece a opción "Bibliografías recomendadas"

Tes dúas posibilidades, buscar pola asignatura ou polo nome do/a profesor/a.

Busca por asignatura

Clica en “por asignatura” e introduce na caixa de busca o termo “Lingüística”. Despois dalle a Enviar.

Aparéceche un listado de materias que comezan por ese termo, escolle “Lingüística Latina 1 (grao en Filoloxía Clásica).

Ves que na parte superior aparece información sobre a asignatura: profesor/a que a imparte, curso, cuadrimestre, etc.

¿En qué curso se imparte esta materia?

A continuación tes o listado de bibliografía recomendada. Na parte inferior da páxina podes atopar un enlace ó programa completo da materia.

Pinchando en cada título accedes ó rexistro do catálogo para poder localizarlo.

Pincha en Gramática Histórica Latina: sintaxis

¿En qué bibliotecas podes atopalo?



Busca por nome do/a profesor/a

Fagamos outra busca.

Clica en  e, seguidamente, bibliografías recomendadas por profesor.

Escribe na caixa os termos “Mascareñas Cid, José Luis”.

Cantas asignaturas imparte este profesor?

Escolle a opción “Fundamentos de Síntese Orgánica (Grao en Química)”


Como ves, leva á mesma páxina que a busca por asignatura: accedes á información sobre a materia, a bibliografía recomendada e ó programa xeral da asignatura.

Cal é o título da obra editada por Iwao Ojima que atopas na lista de libros recomendados?

Bibliografía recomendada

Xa está, con este titorial aprendiches a buscar e atopar os materiais recomendados polos profesores para as distintas materias do teu plan de estudos.

Sabes que para calquera dúbida podes contactar coa túa biblioteca!

 

Envío de resultados

Por favor introduza o seu nome e dirección de mail para obter unha copia do seu cuestionario.

Pode indicar varias separadas por comas. Se está facendo esta proba dentro dun curso pode indicar tamén o do instructor.