Catálogo Iacobus: Rexistro de Usuario

Abre Catálogo Iacobus noutra ventana para traballar con este tutorial.

Neste titorial aprenderás a realizar unha serie de accións mediante o rexistro como usuario/a na páxina web do catálogo Iacobus.

Preme nas frechas para seguir o titorial.

Preme nas imaxes para velas máis grandes.

Clica nos conceptos subliñados para obter máis información.

Comezamos...

Carta de Lector

Para acceder aos servicios que ofrece a BUSC é preciso dispor dunha carta de lector, que será a túa TUI (Tarxeta Universitaria de Identidade) ou, no seu defecto, unha carta de lector propia da biblioteca.

Calquera delas debe ser renovada cada curso académico, presentandoa no mostrador da biblioteca cada inicio de curso ou mediante o formulario electrónico dispoñible na web da BUSC.


Unha vez que estás rexistrado como usuario/a da BUSC hai unha serie de accións que podes realizar en liña en relación co catálogo da biblioteca. Vexamos cales son.

Acceso á conta de usuario/a

En primeiro lugar debes acceder á túa conta de usuario.

AVISO: Se non permite iniciar sesión no Rexistro de Usuario preme en "Vista sen formato" na parte superior do videotitorial e abre o catálogo noutra pestana para seguir os pasos.

Dende a web do catálogo tes dúas opcións:

  • Clicar en Login, na parte superior dereita da pantalla:

  • ou na pestana A miña conta, na parte superior esquerda, da que sae un despregable no que escollerás a opción Rexistro de Usuario:

Ámbalas dúas opcións levarante a unha pantalla na que se che pide o teu nome e apelidos e o código de barras da TUI ou carta de lector:

Páxina persoal

Una vez que accedes á túa páxina de usuario/a podes ver na parte superior esquerda os teus datos persoais. ¿Hai algún erro? Se é así podes modificar estes datos coa opción Modificar información persoal, que se atopa xusto debaixo:

Aí podes modificar o teu enderezo, número de teléfono e correo electrónico.

Son os medios que a biblioteca utiliza para contactar contigo, polo que cómpre que estén actualizados!

Documentos prestados e/ou reservados

1 of 2

Se tes documentos prestados tamén sairá esta información nese cadro:

Se clicas aí aparecerá á dereita da pantalla o listado de documentos prestados:

Ves que tes varias opcións:

  • ordenalos por data de devolución
  • renovalos todos
  • marcar as casiñas dos que queiras renovar e clicar en Renovar marcados.

Lembra que non poderás renovar ata mínimo dous días antes da data de vencemento nin unha vez vencido o periodo de préstamo.

Tampouco podes renovar se o documento foi reservado por outro/a usuario/a.

Cando renoves documentos prestados, o sistema pedirache que confirmes a renovación e, unha vez feito, aparecerá en cada documento a nova data de devolución. Se non é así, contacta coa túa biblioteca, pois é posible que non se poida renovar por algunha das razóns mencionadas anteriormente.

Documentos prestados e/ou reservados

2 of 2

Se tes algún documento reservado tamén aparecerá esta información no teu rexistro:

Se clicas nela aparece a información sobre a reserva:

Podes cancelar as reservas (todos os rexistros ou so unha selección deles) e ver o estado no que se atopan.

En calquera caso, a biblioteca avisarate cando as túas reservas estean dispoñibles para ser recollidas.

 

Crear listaxes cos resultados dunha busca

1 of 2

Cando estás a traballar sobre un tema e buscas bibliografía, resulta moi útil poder ir gardando os rexistros bibligráficos que atopas e que che resultan interesantes, de forma que poidas acceder a eles en calquera momento.

Fagamos unha .

Busca no campo Tema galego os termos Internet móbil. Dos rexistros que se ofrecen como resultado marca a casiña de 3 deles.

Debes escoller unha listaxe propia onde gardar os rexistros escollidos.

Podes ter distintas listaxes de bibliografía para diferentes temas, cada unha co seu propio nome.

Se non tes ningunha creada, podes crear unha neste momento asignándolle o nome que prefiras.

Escolle “crear unha nova lista” e , a continuación, clica en Engadir os marcados ás miñas listaxes.

Agora debes nomear a tua listaxe: pon o nome “internet móbil”, a descrición que prefiras e dalle a enviar.

Os rexistros que marcaches antes serán gardados nesa listaxe.

 

Crear listaxes cos resultados dunha busca

2 of 2

Agora clica en na parte superior dereita da pantalla.
Verás que aparecen as túas listaxes co número de documentos que contén cada unha delas e a última data de actualización.

Clica no nome da listaxe.

Tes varias opcións para manexar os rexistros gardados:

  • Borrar algún deles ou todos
  • Exportar a listaxe a un xestor de referencias bibliográficas
  • Movelos a outra lista

Tamén podes solicitar dende aquí os documentos para préstamo. Clica en solicitar nalgún dos rexistros e aparecerá a seguinte pantalla:

Se a obra está prestada ou se atopa nun centro diferente ao teu, clica en solicitar o exemplar seleccionado e cando estea dipoñible para ser recollido na túa biblioteca, recibirás unha mensaxe.


Gardar buscas favoritas

Para non ter que lembrar a estratexia que empregaches para formular unha busca no catálogo, está a opción

Vexamos cómo funciona.

Comproba que estás rexistrado e vai a Busca avanzada.

Introduce na primeira caixa o termo bases de datos e na segunda caixa medicina. Escolle Libros como tipo de material e castelán como lingua. Dalle a enviar.

¿Cántos resultados atopaches?

Ao lado da caixa de busca aparece a opción Gardar como busca favorita. Clica nela.

Agora clica en

No cadro da esquerda tes a opción Buscas Favoritas. Se clicas aí aparecerá a busca que acabas de facer.

Formarase unha listaxe coas diferentes buscas que vaias engadindo. Tes a opción de relanzar a busca de novo ou borrar as que xa non che interesen.Tamén podes facer que che cheguen alertas ao teu correo electrónico cada vez que haxa novidades nesa busca.

 

Valorar documentos segundo o seu nivel de interese


Cando un documento resultado dunha busca che resulte interesante e/ou relevante podes puntualo e así axudas a outros/as usuarios/as nas súas seleccións. Un item ben valorado amosa a súa relevancia e tamén ao contrario, un item mal valorado pode facer que outras persoas usuarias o descarten.


Para valorar só tes que clicar no número de estreliñas que lle queiras outorgar segundo a calidade que consideres que ten.


Vexamolo cun exemplo. Fai unha busca introducindo os termos “Camiño de Santiago” no campo Tema Galego. Valora os tres primeiros rexistros co número de estrelas que queiras. Lembra que tes que ter a sesión iniciada co teu usuario!

Agora clica en , na parte superior dereita da pantalla. Accedes á túa páxina de usuario e no recadro da esquerda tes a opción de ver as túas valoracións:

Se clicas aí aparecerá o listado de documentos valorados por ti co número de estreliñas que lles outorgaches. Tes a opción de borrar todos ou algúns deles.

Solicitar documentos

1 of 2

Cando unha obra está dispoñible pero pertence a unha biblioteca diferente á que tes asignada podes solicitala dende o propio catálogo para que, mediante o chamado “préstamo intercentros” a envíen á túa biblioteca.

Para elo, unha ves acceder ao rexistro da obra, clicas en e na seguinte pantalla escolles o exemplar que queres que che envien.

Se unha obra está prestada e queres reservala para poder obtela en canto a devolvan, segue o mesmo procedemento.


En calquera dos dous casos, recibirás un correo electrónico en canto a obra esté dispoñible para ser recollida na túa biblioteca.


A ter en conta

Accedendo á túa páxina de usuario podes ver o estado das reservas e cancelalas se o consideras, como xa vimos ao comezo deste titorial.

Solicitar documentos

2 of 2

Agora xa sabes todo o que podes facer dende o catálogo en liña coa tua TUI.

Se tes calquera outra dúbida contacta coa túa biblioteca!

Envío de resultados

Por favor introduza o seu nome e dirección de mail para obter unha copia do seu cuestionario.

Pode indicar varias separadas por comas. Se está facendo esta proba dentro dun curso pode indicar tamén o do instructor.