Neste titorial aprenderás a realizar unha busca avanzada, filtrando os resultados mediante a introdución de distintos criterios simultaneamente.

Utiliza as frechas para seguir o titorial.

Preme nas imaxes para velas máis grandes.

Comezamos...

En ocasións hai tal cantidade de recursos sobre unha determinada materia que a busca simple pode facernos perder tempo.

Imaxina que precisas información sobre Margarita Ledo Andión. Se buscas Ledo Andión como palabra clave, os resultados superan os douscentos.

A busca avanzada permite limitar eses resultados a través de distintos filtros que se aplican ao mesmo tempo.

Selecciona busca avanzada dentro do catálogo. Aparece un cadro á esquerda con múltiples opcións.

O que che interesa de verdade sobre Margarita Ledo Andión é o que escribiu sobre cine nos últimos vinte anos.

Selecciona entón como primeiro campo AUTOR e introduce Ledo Andión.

Como segundo campo selecciona TÍTULO e introduce o termo cin* (empregamos o truncamento para que os resultados inclúan os documentos que posúan no título cine e todas as palabras derivadas: cinema, cinematográfico...).

Selecciona en Tipo de Material Libros e Revistas e en Data de Edición despois de introduce 2000.

Dálle a 

Cantos resultados obtés?

Preme e selecciona en Ubicación Biblioteca Xeral e en Lingua Galego. Envía de novo a busca.

De qué ano é a edición máis actual dos exemplares que atopaches?

Clica no título desa edición.

A pesares de ter reducido a busca á Biblioteca Xeral, en que outros centros existen exemplares?

 

Incluamos agora algúns operadores booleanos

Estás a facer un traballo sobre o cancro en España. Introduce os termos cáncer España na primeira caixa de busca como CALQUERA CAMPO.

Preme

Cantos resultados conseguiches?

Decátaste de que xa posúes suficiente información sobre o cancro de pulmón e decides limitar a busca para que os documentos obtidos non traten ese tema.

Preme , selecciona E non como primeiro operador e engade pulmón na segunda caixa (tamén como CALQUERA CAMPO). Lanza a busca de novo.

 

Cantos resultados se eliminaron con respecto á busca anterior?

Que estratexia de busca empregarías se che fosen útiles tanto os materiais que tratan do cancro en Galicia como os que tratan do cancro en España?

Fin do titorial

Xa estás preparado/a para realizar buscas avanzadas no catálogo da BUSC, segue probando con distintos termos nos diferentes campos de busca para afacerte.

Se tes dúbidas, consulta co persoal da túa biblioteca.