Como usar os operadores booleanos

Abre Pascal/Francis noutra ventana para traballar con este tutorial.

Practicamos cos booleanos

Imos practicar unha busca con operadores booleanos "a ritmo de hip-hop".

E ímolo facer en Pascal/Francis, o recurso que tes aberto na pantalla da dereita.

Se queres ver mellor unha imaxe, sitúate sobre ela e fai clic para aumentala.

 

       

                 

Para moverte polo titorial utiliza as frechas inferiores.

Y AND O OR NO NOT...

O primeiro, un repaso aos operadores booleanos.

 

           

 

Hip-hop, "graffiti" e rap

Dúas das manifestacións da cultura hip-hop son os graffiti e o rap. Imos practicar utilizando de forma moi sinxela estes tres conceptos: Hip-hop, graffiti e rap.

 

Colle o spray que empezamos!!

 

            

 

Y / AND...

1 of 3

En principio interésanos buscar documentos que falen sobre graffiti e hip-hop.


Á túa dereita tes aberta a pantalla de busca avanzada de Pascal/Francis. Utilizaremos a opción de busca en "Todos os campos".

 

 

 

 

Y / AND...

2 of 3

 

  • Teclea "Graffiti" no cadro de busca: 

 

Cantos resultados obtés?

 

Y / AND...

3 of 3

 

Seguimos:

Buscamos documentos que falen de graffiti, pero tamén de hip-hop, así que, imos engadir este concepto á busca que temos empezada:

  OLLO!! Cando teñas que volver á pantalla de busca avanzada, fai clic na frecha de retroceso ou selecciona "búsqueda avanzada" no despregable da dereita como mostra a imaxe seguinte.

 

 

  • Selecciona o operador adecuado e teclea o segundo termo de busca, hip-hop, no espazo correspondente.
 

Observa os resultados. Que ocorre?

 

 

Cambiamos de idea: O/OR...

 

Seguimos probando:

 

             
 

 

Agora, decidimos que non queremos documentos que falen dos dous conceptos, senón dun ou do outro, de graffiti ou de hip-hop, válennos os dous termos.

 

Imos ver que atopamos sobre Graffiti ou Hip-hop

 

  • Mantemos os termos de busca, pero cambiamos o operador booleano polo axeitado para facer unha busca por calquera dos dous termos. 
  • Observa os resultados.
 

Cambian?

 
 
 
 
Veña, imos con outro exemplo:  
  • Imos buscar os documentos que teñan que ver con o Graffiti, ou cos termos relacionados "Urban art" ou "Street art" 
  • Teclea os tres termos nos diferentes espazos de busca seleccionando os operadores axeitados.
  • Se fas a busca primeiro con dous termos e despois cos tres, poderás ir vendo como se modifican os resultados.
 
      
 
 

NO, NON, NOT...


Quizais che sorprenda saber que considérase que xa existían graffiti na Antiga Roma

Inscricións con mensaxes ou debuxos políticos, propagandísticos, sexuais, filosóficos..., acusacións, insultos, maleficios... ou o clásico "Fulanito estivo aquí" (en latín, claro) enchen moitas das paredes de lugares como Pompeia. 

 

   

 

E se quixeramos buscar información sobre Graffiti, pero que non teñan relación co movemento Hip-hop?. Pois nada, eliminamos o hip-hop e listo!.

     

 Proba a facelo: Graffiti, pero non Hip-hop

Cal destas sería a busca correcta para recuperar documentos sobre o graffiti que non teñan que ver con o Hip-hop?

 

  • Verás que os resultados varían considerablemente

Entre os resultados está o título "Pompéi, cité du plaisir: l'expression par les graffitis".

Podes dicir o seu autor?

 

 

 

 

Rematamos

Os operadores booleanos son menos complexos do que parece. Uns termos de busca ben seleccionados, unidos cos operadores axeitados facilitarán que os resultados das túas buscas sexan moito máis adecuados.

É cuestión de probar e probar...

E xa sabes, para calquera dúbida, consulta á Biblioteca.