Busca no Catálogo da BUV

Abre Perseo, o Catálogo da BUV noutra ventana para traballar con este tutorial.

Benvid@s!

Partindo de imaxinarnos unha situación ficticia, imos facer unhas prácticas sinxelas en Perseo, o Catálogo da Biblioteca, que xa tes aberto na pantalla da dereita.

Se queres ver mellor unha imaxe, sitúate sobre ela e fai clic para aumentala.

 

 

Para navegar polo titorial utiliza as frechas inferiores             

Imos aló!

Unha de suspense

Esta fin de semana preséntase tranquila logo dos exames e as celebracións correspondentes. Quedarás na casa para unha tarde-noite de cine.

 

 
Comentáronche que na biblioteca teñen películas (podes velas gratis, e ademais déixanchas durante 10 días), así que, decides consultar o Catálogo da Biblioteca  para ver se hai algo de Alfred Hitchcock.

      Un pouco de suspense pode estar ben...

 

      

  

Practicamos a busca por Autor

1 of 3

Imos buscar as obras de Alfred Hitchcock no Catálogo da Biblioteca.

Sabes que podes utilizar a Busca directa ou a busca asistida. Ti elixes.

 

 

 

  • Selecciona a busca por Autor e teclea Hitchcock no cadro correspondente.
  • Preme "buscar"

 

 

Vas recuperar unha lista de autores con ese apelido.

  • Fai clic sobre o que che interesa:

         Hitchcock, Alfred (1899-1980)

             

 

Practicamos a busca por Autor

2 of 3

Xa tes diante a lista de películas "do Mago do suspense".

  • Agora responde:

Cal é o título da primeira película da lista?

Practicamos a busca por Autor

3 of 3

 

  • Móvete/Baixa polo listado de títulos ata atopar “Alarma en el expreso.
  • Fai clic sobre o título para ver máis datos desta película.

 

Se queres levar esta película para vela na casa tes que asegurarte de que podes, xa sabes que a biblioteca ten varios tipos de préstamo…

 

  • Fíxate nos datos relativos a "Tipo de préstamo":

Elixe a resposta correcta:

 

Agora, imos ver en que biblioteca está.

  • Mira o dato da ubicación e dinos:

En que Biblioteca podes atopala?

 

Por último, para localizar a obra no estante debemos coñecer a signatura:

Cal das seguintes é a signatura correspondente a esta película?


Ou mellor "Xogo de tronos"?

Aínda que, pensándoo ben, quedaches en metade da segunda tempada de "Juego de tronos"...

Non sería mala idea continuala.

Pode que a teñan nalgunha das bibliotecas da Universidade...

 

 

Practicamos a busca por Título

1 of 2

Imos ver se temos a serie na Biblioteca. Esta vez tes que facer a busca polo Título.

 

  • Preme en "Comezar de novo" para iniciar a nova busca. 

 

 

  • Selecciona a opción de busca por título
  • Teclea "Juego de tronos" no espazo correspondente:

 

Practicamos a busca por Título

2 of 2

Pois si, temos varias tempadas completas.

  • Fai clic no título da "segunda temporada completa"  para ver todos os datos.

 

E... haberá máis series?

Películas, series... resulta que a biblioteca tamén ten series.

 

Bota unha ollada á información recuperada: título, datos de publicación, datos de ubicación, notas, autor/es, materias...

  • Párate aí, nas materias, e fai clic sobre "Series televisadas - Vídeos" ata obter os títulos doutras series que tamén temos: 

 

 

Aí as tes!: Outlander, Los Soprano, The Crown, La Casa de Papel, Fargo... Hai para elixir!

 

 

Pelis co teu mellor amigo

Ben, xa tes resolta a tarde do domingo: unha peli de suspense, as loitas dinásticas de Juego de Tronos, quizais algo de humor... Pero non estarás só/soa, non; hai alguén máis a quen lle encantan as tardes de películas: o teu can!

 

 

Por certo, haberá na biblioteca algo sobre os cans?...

Imos velo

Practicamos a busca por tema

1 of 2

Cando queremos saber que obras temos na biblioteca sobre un determinado tema, temos dúas opcións:

- Buscar por palabra clave: recuperará todos os rexistros que conteñan a palabra/s introducida/s en calquera dos campos de título, autor, serie, notas, materias...


- Buscar por materia: busca nunha lista de materias (en castelán) que a biblioteca lle asigna a cada obra segundo o tema do que trate.


Mellor, imos ver a diferenza cun exemplo.

Queremos saber que hai na Biblioteca sobre os "cans"

  • Preme en "Comezar de novo" para iniciar a nova busca.
  • Selecciona a busca por palabra clave e teclea o termo "cans"

 

Telo?

Xa ves que os resultados son do máis variado: temos obras sobre embalaxes (can en inglés significa "lata, bote"), sobre o Festival de Cans, algunha novela, un autor apelidado Cans...

 

 

Practicamos a busca por tema

2 of 2

Agora, imos buscar o mesmo termo, pero por materia.

  • Teclea "cans" na opción de busca por materia

 

Moitos resultados?... Pois non; nada, non hai nada..., só hai "cansinos", e algo sobre o Festival de Cans (si, si, Cans, non Cannes, que ese é outro...)

Por que?

 

 

 

  • Así que,  imos repetir a busca, pero agora tecleando "Perros" no campo Materia

 

Isto xa é outra cousa! O que recuperas é un listado de materias relacionadas cos cans (animais). Aí poderás seleccionar a materia que máis se adecúe ao que estás buscando.

 


  • Preme sobre a materia "perros" (a primeira da lista) para ver que obras temos sobre perros en xeral.

 

Entre os resultados verás que hai un libro cuxa autora é Shirley MacLaine. Se fas clic no título verás toda a información.

Podes decirnos outra das materias que ten esta obra?

  

 

Fin

Parabéns! Acabas de chegar ao final do titorial. Esperamos que che servira de axuda para entender mellor as buscas no catálogo.

Xa sabes que para calquera dúbida estamos na biblioteca