Práctica Catálogo

Abre Práctica catálogo noutra ventana para traballar con este tutorial.

Neste titorial faremos unhas prácticas sinxelas en Perseo, o Catálogo da Biblioteca, que xa tes aberto na pantalla da dereita.


Se queres ver mellor unha imaxe, sitúate sobre ela e fai clic para aumentala.

 

 

Para navegar polo titorial utiliza as frechas inferiores

Imos aló!

Practicamos a busca por Autor

1 of 5

Imos consultar o Catálogo para ver se a Biblioteca da UVigo ten algunha obra de Bob Dylan.

 

 

Sabes que podes utilizar a busca directa ou a busca asistida.

Ti elixes.

 

 

VPCautor2

 

  • Selecciona a busca por Autor e teclea Dylan, Bob no cadro correspondente.
  • Preme "buscar"

 

Practicamos a busca por Autor

2 of 5

 Xa tes diante a lista de obras do Nobel autor de "Blowin' in the wind":

  • Agora responde:

En que biblioteca podes atopar a obra El último vals?

 

Practicamos a busca por Autor

3 of 5

Polas iconas da esquerda podes ver que na biblioteca hai obras de Bob Dylan en diferentes formatos.

CDLibroPelicula


En que formato está a obra George Jackson y otras canciones?

 

Practicamos a busca por Autor

4 of 5

Imos ordenar os resultados polo ano de publicación:

 

  • Desprega a pestana Orde do sistema e selecciona a opción Ano descendente.
  • Logo preme en Ordear.

Cal é a obra máis antiga?

 

  • Localiza a obra At Budokan e preme sobre o título para poder ver máis datos.

Fíxate nos datos relativos a Tipo de préstamo e dinos:

Cal destas respostas é a correcta?

 

Practicamos a busca por Autor

5 of 5

Por último, para localizar a obra no estante debemos coñecer a signatura:

Cal destas signaturas corresponden a At Budokan?

 

Practicamos a busca por título.

1 of 2

Imos facer agora unha busca por título.

Queremos saber se a biblioteca ten a obra "Aire de Dylan" de Enrique Vila-Matas.

 

                    


  • Preme en "Comezar de novo" para iniciar a nova busca.

 

  • Selecciona a opción de busca por título e teclea "Aire de Dylan" no espazo correspondente:

Atópalo?

  • Fai clic no Autor para ver se hai máis obras súas na BUV.

 

 

Cantas obras atopaches?

 

Imos velas facendo clic aquí:

VPCverobrasdunautor

 

Practicamos a busca por título.

2 of 2

Agora limitaremos os resultados ás obras que se atopan na Biblioteca de Filoloxía e Tradución:

  • Fai clic sobre "Limitar esta busca" para ver as diferentes opcións

 

  • Na opción "Onde está o exemplar" selecciona Filoloxía/Tradución (se consultas o catálogo en castelán, selecciona a opción "Ubicación")
  • Preme "Enviar"

 

Tes diante todas as obras de E. Vila-Matas que poderás atopar na Biblioteca de Filoloxía e Tradución.

Cal dos seguintes títulos está na Biblioteca de Filoloxía e Tradución?

 

Practicamos a busca por Tema

Cando queremos saber que obras temos na biblioteca sobre un determinado tema, temos dúas opcións:


- Buscar por palabra clave: recupera os resultados que conteñen o/s termo/s exactos da busca na información que se proporciona sobre a obra (título, autor, nota, materia...).

- Buscar por materia: busca nunha lista de materias (en castelán) que se lle asigna segundo o tema do que trate a obra.

Mellor, imos ver a diferenza cun exemplo.

Queremos saber que hai na Biblioteca sobre o Rock.

  • Preme en "Comezar de novo" para iniciar a nova busca.
  • Selecciona a busca por palabra clave e teclea o termo "Rock".

 

Telo?


Xa ves que os resultados son do máis variado: temos obras sobre mecánica de rocas, algunha novela, música, películas de Rock Hudson...

 

 

 Agora, imos buscar o mesmo termo, pero por materia.

  • Teclea "Rock" na opción de busca por materia

Atoparás un largo listado de materias relacionadas co Rock. 

Aí poderás seleccionar a materia que máis se adecúe ao que estás buscando.

 

 

  • Preme sobre a materia Rock (Música) - Galicia

Entre os resultados verás que hai un libro cuxo autor é Fernando Fernández Rego. Se fas clic no título verás toda a información.

Podes dicirnos outra das materias que ten esta obra?

 

 

 

FIN

Parabéns! Acabas de chegar ao final do titorial.        

Esperamos que che servira de axuda para entender mellor as buscas no catálogo.


Xa sabes que para calquera dúbida estamos na biblioteca