Partindo de imaxinarnos unha situación ficticia, imos facer unhas prácticas sinxelas en Perseo, o Catálogo da Biblioteca, que xa tes aberto na pantalla da dereita.
Se queres ver mellor unha imaxe, sitúate sobre ela e fai clic para aumentala.
Para navegar polo titorial utiliza as frechas inferiores
Imos aló!
Esta fin de semana preséntase tranquila logo dos exames e as celebracións correspondentes. Quedarás na casa para unha tarde-noite de cine.
Comentáronche que na biblioteca teñen películas (podes velas gratis, e ademais déixanchas durante 10 días), así que, decides consultar o Catálogo da Biblioteca para ver se hai algo de Alfred Hitchcock.
Un pouco de suspense pode estar ben...
Imos buscar as obras de Alfred Hitchcock no Catálogo da Biblioteca.
Sabes que podes utilizar a Busca directa ou a busca asistida. Ti elixes.
Vas recuperar unha lista de autores con ese apelido.
Hitchcock, Alfred (1899-1980)
Xa tes diante a lista de películas "do Mago do suspense".
Cal é o título da primeira película da lista?
Se queres levar esta película para vela na casa tes que asegurarte de que podes, xa sabes que a biblioteca ten varios tipos de préstamo…
Elixe a resposta correcta:
Agora, imos ver en que biblioteca está.
En que Biblioteca podes atopala?
Por último, para localizar a obra no estante debemos coñecer a signatura:
Cal das seguintes é a signatura correspondente a esta película?
Aínda que, pensándoo ben, quedaches en metade da segunda tempada de "Juego de tronos"...
Non sería mala idea continuala.
Pode que a teñan nalgunha das bibliotecas da Universidade...
Imos ver se temos a serie na Biblioteca. Esta vez tes que facer a busca polo Título.
Pois si, temos varias tempadas completas.
Películas, series... resulta que a biblioteca tamén ten series.
Bota unha ollada á información recuperada: título, datos de publicación, datos de ubicación, notas, autor/es, materias...
Aí as tes!: Outlander, Los Soprano, The Crown, La Casa de Papel, Fargo... Hai para elixir!
Ben, xa tes resolta a tarde do domingo: unha peli de suspense, as loitas dinásticas de Juego de Tronos, quizais algo de humor... Pero non estarás só/soa, non; hai alguén máis a quen lle encantan as tardes de películas: o teu can!
Por certo, haberá na biblioteca algo sobre os cans?...
Imos velo
Cando queremos saber que obras temos na biblioteca sobre un determinado tema, temos dúas opcións:
- Buscar por palabra clave: recuperará todos os rexistros que conteñan a palabra/s introducida/s en calquera dos campos de título, autor, serie, notas, materias...
- Buscar por materia: busca nunha lista de materias (en castelán) que a biblioteca lle asigna a cada obra segundo o tema do que trate.
Mellor, imos ver a diferenza cun exemplo.
Queremos saber que hai na Biblioteca sobre os "cans"
Telo?
Xa ves que os resultados son do máis variado: temos obras sobre embalaxes (can en inglés significa "lata, bote"), sobre o Festival de Cans, algunha novela, un autor apelidado Cans...
Agora, imos buscar o mesmo termo, pero por materia.
Moitos resultados?... Pois non; nada, non hai nada..., só hai "cansinos", e algo sobre o Festival de Cans (si, si, Cans, non Cannes, que ese é outro...)
Por que?
Isto xa é outra cousa! O que recuperas é un listado de materias relacionadas cos cans (animais). Aí poderás seleccionar a materia que máis se adecúe ao que estás buscando.
Entre os resultados verás que hai un libro cuxa autora é Shirley MacLaine. Se fas clic no título verás toda a información.
Podes decirnos outra das materias que ten esta obra?
Parabéns! Acabas de chegar ao final do titorial. Esperamos que che servira de axuda para entender mellor as buscas no catálogo.
Xa sabes que para calquera dúbida estamos na biblioteca