Imos buscar diferentes tipos de documentos en Perseo, o Catálogo da Biblioteca da UVigo.

Para iso tes aberta, na pantalla da dereita, a páxina de buscas do catálogo.

 

 

Se queres ver mellor unha imaxe, sitúate sobre ela e fai clic para aumentala.

Para navegar polo titorial utiliza as frechas inferiores.

Empezamos!

  

Cando facemos un traballo académico, debemos consultar diferentes tipos de documentos. Imos imaxinarnos que estamos facendo un traballo cunha bibliografía que inclúe libros, capítulos de libros, revistas e artigos de revista.

Neste titorial veremos as diferentes formas de chegar a cada un destes documentos.

 

    

             

 

Buscamos un libro

Empezamos cun pouco de humor:

 

 

  • Buscamos o libro: "O Humor en cadriños"
  • Para isto, teclea o título no espazo correspondente á busca por "título".

     

        Lembra eliminar o artigo inicial!

 

  • Fíxate nos datos de ubicación e dinos:

En que biblioteca poderías atopalo?

 

Buscamos un capítulo dun libro

Ben, xa vemos que buscar un libro no catálogo non é complicado pero, e se o que queremos atopar é un capítulo dun libro?

Vexamos:

 

  • Temos que buscar no catálogo:

   Janin, P. (2000). La bande dessinée: est-elle un genre littéraire?. In Cuatro lecciones sobre el cómic (pp. 15-34). Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
 

 OLLO, ten en conta que no catálogo non están descritos os capítulos de cada libro. Terás que buscar a fonte. 

 

Dinos, como o buscarías?

 

Buscamos unha revista

Para este traballo recoméndanche consultar a revista "Retranca", así que terás que buscar en Perseo para ver se podes atopala nalgunha das bibliotecas da Uvigo.

 

          

 

  • Teclea o título no espazo correspondente á busca por "título de revista" e responde:

En que biblioteca poderías localizar o número 8?

 

Buscamos artigos de revista

A busca complícase cando o que queremos é buscar artigos de revista.

 Lembra que no catálogo debes buscar polo título da revista, non polos datos do artigo.

 

  • Queremos localizar o seguinte artigo:

Batllori, T. (2009). Pido disculpas, espero ser más coherente en otra ocasión. Quevedos: revista de información de humor gráfico de la Fundación General de la Universidad de Alcalá, (39), 4-5

 

En que biblioteca poderías consultar esta revista?

 

Podemos ler o artigo en liña?

Outro artigo

  • Intentamos localizar este artigo da revista "Historietas":

Canyissà, J. (2012). La presencia de la mujer en las historietas de Bruguera. De Pulgarcito a Can Can. Historietas: Revista de estudios sobre la Historieta, (2), 47-65.

 

    

 

  • Como nos casos anteriores, primeiro intentaremos localizar a revista no catálogo da Biblioteca.

Que opcións tes para poder ler este artigo?

 
 
Imos chegar ao artigo en pdf. 
  • Fai clic en "Texto completo".
  • Agora, podes buscar o título do artigo en "búsqueda en el texto completo".
  • Preme sobre o título.
  • Para descargalo terás que facer clic sobre o ficheiro en pdf.

 

 Coa práctica irás vendo que hai distintas formas de chegar ao texto completo dos artigos, unhas máis intuitivas ca outras.
Ás veces é preciso probar varias formas ata dar coa axeitada.

 

E outro máis... O último

1 of 2

Non todas as revistas están descritas no catálogo. O catálogo inclúe todas aquelas revistas que a Biblioteca Universitaria ten suscritas en papel, e moitas revistas electrónicas, pero non todas.

Regresamos ao catálogo para facer a última busca (podes volver premendo na frecha de retroceso). 

 

  • Imos intentar localizar o seguinte artigo:

 Chen, M.-H. & Chen, I.-P., (2015). The Relationship Between Personalities and Faces of Manga Characters. The Comics Grid: Journal of Comics Scholarship. 5(1), p.Art. 3. DOI: http://doi.org/10.5334/cg.bc

 

  • Empezamos buscando a revista no catálogo. Teclea o seu título. 
  • Atópala? Non, esta revista non a temos, polo menos en papel. 

Pero, nestes casos, non desistas, quizais teñamos acceso á revista electrónica. 

Lembra que se non atopas unha revista no catálogo, debes buscala en "Recursos electrónicos".

Imos ver como:

  • Fai clic na pestana "Web da biblioteca" (arriba, a dereita)

     
  • Agora preme no enlace a "Recursos-e"
  • Na casilla de busca de "Revistas-e" teclea directamente o título da revista e preme "ir"
        
  • Abrirase unha nova pantalla, preme no título da revista
  • Fíxate nos datos relativos a "Texto completo" e responde á seguinte pregunta:

    Temos acceso ao texto completo?

 

E outro máis... O último

2 of 2

 Imos ver a forma de chegar ao artigo.

  • Preme no acceso a través de DOAJ.

Lembra que buscas o número 5(1), p. Art. 3

Cada revista ten as súas peculiaridades á hora de chegar a un artigo.

 

  • Neste caso, despregamos a pestana de "Contido" (content)
  • Entra agora no número 5.

 

 

Cal destes títulos é outro artigo dese número?

 

 

Rematamos

Ben, xa chegaches ao final do titorial.

Como poideches comprobar, non hai unha única forma de chegar aos diferentes tipos de documentos. 

Se non atopas algo, non abandones sen valorar todas as posibilidades de busca. 

E xa sabes que, ante calquera dúbida, estamos na biblioteca para axudarche.