Con este titorial faremos unhas prácticas sinxelas en Perseo, o catálogo da Biblioteca.

O catálogo é a ferramenta que permite buscar e localizar os documentos que forman parte da colección da Biblioteca Universitaria de Vigo coma libros, revistas, prensa, audiovisuais etc.

   

Se precisas ampliar unha imaxe para vela mellor preme nela.

 

Á dereita tes a páxina principal do catálogo.

Imos comezar a practicar realizando distintos tipos de buscas.

Para avanzar neste titorial utiliza as frechas inferiores

 

Opcións de busca

No catálogo hai dúas opcións de consulta:

  • "Busca directa"
  • "Busca asistida"

   

Dende calquera delas pódese buscar por autor, título, palabra clave etc.

Imos empezar facendo unha busca por autor.

Practicamos a busca por Autor

Queremos saber que obras ten a Biblioteca de Ramón Villares, un dos historiadores máis relevantes da Galicia e Catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela.

            

 

Dende a  "Busca directa" ou "Busca asistida" fai clic en "Autor"; verás que se indica que primeiro teclees o Apelido do autor/a.

       

Así pois, fai a busca por Villares.

Recuperas unha lista de autores con ese apelido.

Fai clic sobre o que nos interesa:

    Villares, Ramón (1951-)

   

Xa tes diante a listaxe da súas obras. Bótalle unha ollada aos títulos ata atopar a obra "Historia de Galicia", pero que sexa a edición publicada no ano 2016 pola editorial Galaxia.

Preme no título para ver máis datos da obra e contesta:

Que Bibliotecas da Universidade de Vigo teñen exemplares desta obra?

 

Agora que xa sabes que na nosa Biblioteca temos exemplares desta obra, precisamos  coñecer a signatura para poder localizala nos estantes, así que responde:     

Cal é a signatura do exemplar que hai na Bca. Campus Ourense?

 

Lembra que as siglas que preceden os número das signaturas identifican á Biblioteca na que está a obra, pero non tes que anotalas para localizar o libro nos estantes.

      

 

Agora fíxate na información que aparece en "Estado" para comprobar se o exemplar está actualmente prestado ou está dispoñible e podes levalo en préstamo.

Lembra que como estudante de grao podes ter en préstamo 5 obras durante 14 días (e que os atrasos nas devolucións se penalizan sen poder facer uso do servizo de préstamo).

        

Practicamos a busca dun tema

Cando queremos saber que obras temos na biblioteca sobre un tema determinado, temos dúas opcións para buscar:

- PALABRA CLAVE: recuperará todos os documentos que conteñan as palabras introducidas en cualquera parte da información que o catálogo proporciona sobre a obra: título, autor, serie, notas, materias...

- MATERIA: busca nunha lista de materias (en castelán) que a biblioteca lle asigna a cada obra segundo o tema do que trate.

    

 

Mellor, imos ver a diferenza cun exemplo.

Queremos saber que hai na Biblioteca sobre a cultura celta.

Preme en "Comezar de novo" para iniciar a nova busca.

        

Selecciona a busca por "Palabra clave", teclea o termo "celta" e dalle a buscar.

Telo?

Xa ves que os resultados son do máis variado: moitos deles tratan sobre o "cerdo celta" ("Celta pig") e só uns poucos sobre a cultura celta. 

        

        

Agora, imos buscar o mesmo termo, pero por "Materia".

Teclea "celta" na opción de busca por "Materia".

Moitos resultados?... Pois non, nada... só hai:

    Celta (Lengua) -- Véxase Lenguas célticas

 

e unha listaxe de materias que comezan por "Celtas".
Así, en plural, tes unha relación das materias que se adecúan ao que estás buscando.


        

Se te fixas nestas materias observarás que están escritas en castelán, por exemplo:

   Celtas -- Joyas  

   Celtas -- Religión

    

Preme en Celtas -- Religión  para ver os documentos que ten a Biblioteca que tratan sobre ese tema. Se te decatas, estes documentos están escritos en distintas linguas.

    

Fai clic na obra que leva por título "The Lost beliefs of Northern Europe" para ver a información completa e responde:

Cal destas materias ten asignadas ademais de "Celtas--Religión"?

 

Localizar a bibliografía recomendada

Agora imos aprender a localizar a bibliografía recomendada polos docentes para preparar a súa materia ("asignatura" en castelán). 

Preme en "Comezar de novo" para ir á páxina inicial do catálogo.

Como podes ver nesta imaxe, dende o catálogo tes a posibilidade de localizar a bibliografía recomendada buscando polo nome da materia en galego.

   

 

Busca a bibliografía recomendada para a materia do teu curso “Teoría e Método da Arqueoloxía.

Unha vez que a localizas,  preme no título desta obra para atopar outros exemplares dispoñibles:

  "Arqueología : teorías, métodos y práctica" / Colin Renfrew, Paul Bahn

Agora anota os datos da signatura dos exemplares deste libro que estean na Bca Campus Ourense e que non estean prestados. Con esa signatura localizarías o libro nos estantes da Biblioteca. 

    

As revistas

O catálogo inclúe, ademais de libros, dvd etc., todas aquelas revistas que a Biblioteca Universitaria ten subscritas en papel, e moitas revistas electrónicas, pero non todas

Queremos saber se a Biblioteca ten a seguinte revista, que números e en que formato (papel / electrónico):

   “Hispania : revista española de historia" 

Preme en "Comezar de novo" para ir á páxina inicial do catálogo e teclea o título da revista no espazo correspondente á busca por "Título de revista".

Observa a información que o catálogo ofrece sobre esta revista.

Como podes ver (e se explica na imaxe inferior), temos exemplares da revista en papel en distintas Bibliotecas da Universidade de Vigo (entre elas na Bca. Campus Ourense dende 1978), e tamén temos acceso ao texto completo en formato electrónico (neste caso a partir dun determinado ano segundo o provedor). 

 

 Agora responde: 

Cal é o último número dos exemplares en papel que temos na Biblioteca do Campus de Ourense?

 

Queremos consultar a versión electrónica da revista.

Fai clic en "Texto completo" e verás que temos acceso á versión electrónica a través de varios provedores ou vías; preme en "Texto completo dispoñible vía REVISTAS CIENTIFICAS DEL CSIC FREE JOURNALS" e vai ao nº 264 do ano 2020 da revista.

Preme no artigo El hambre le impulsara»: La crisis de subsistencias y el auge de delitos contra la propiedad en Galicia durante la década de 1850" para acceder ao texto completo do mesmo e contesta:

 

O autor do artigo é Enrique Carballo Gende. A que universidade figura vinculado o autor?

 

Rematamos

Acabas de chegar ao final deste titorial.

Só queda que premas na frecha inferior para completar o envío dos resultados dos cuestionarios e finalizar. 

Esperamos que che servira de axuda para entender mellor as buscas no catálogo. E xa sabes que para calquera dúbida.... 

 

Ver os resultados: