Con este titorial interactivo poremos en práctica a busca dun tema en DialnetPlus para saber que hai publicado sobre o mesmo. Para realizar este titorial previamente tes que acceder a Dialnet Plus e identificarte introducindo usuario/contrasinal na parte dereita da pantalla (se non tes creada unha conta de usuario créaa en Regístrese).

Se precisas ampliar unha imaxe deste titorial para vela mellor, preme nela.

Para avanzar neste titorial utiliza as frechas inferiores.

Comezamos!

A busca

A busca de documentos pode realizarse dende a páxina principal de DialnetPlus.
Podes escoller a opción Buscar documentos (artigos de revista, capítulos de libros -en DialnetPlus chámanlle artigos de libros-, teses etc) para facer buscas temáticas ou Buscar revistas (polo título ou palabras do título) para localizar unha revista e navegar polos seus contidos.

 

Imos comezar facendo unha busca simple sobre prevención do ciberacoso entre os mozos escolares. Como queremos recuperar artigos de revista, teses, capítulos de libro etc, escollemos a opción “Buscar documentos” e empregaremos as palabras clave prevención, ciberacoso, jóvenes.

 

Cantos resultados recuperas? moi poucos, non si?

 

 

Agora imos ampliar a busca engadindo sinónimos e termos relacionados utilizando o operador OR e o operador AND para relacionar as palabras clave entre si. Observa que os sinónimos conectados co operador OR van entre parénteses.

A nosa ecuación de busca podería quedar así:

 (ciberacoso OR cyberbullying) AND (jóvenes OR adolescentes) AND prevención


Agora, executa esta ecuación de busca como se indica na imaxe inferior (non esquezas poñer as parénteses no lugar correspondente).

 

 

 

Agora responde, cantos resultados recuperas?

Como puideches comprobar, con esta ecuación de busca recuperamos máis resultados que coa outra!

Os resultados

Unha vez realizada a busca o sistema amosa unha pantalla cos resultados.

 

 

Na parte esquerda da pantalla aparecen unha serie de filtros que permiten acoutar os resultados (tipo de documento, rango de datas, descritores etc) 



O texto completo dos documentos

1 of 2

A continuación observa os resultados e a información que se proporciona deles; verás que ademais do título do documento, autor/es, datos de publicación etc., ás veces hai tamén un enlace ao resumo e/ou ao texto completo do documento.

Na listaxe de resultados localiza o seguinte artigo e accede ao seu texto completo.

 

Agora responde, contén unha listaxe de palabras clave?

 

 

 

O texto completo dos documentos

2 of 2

Como vimos, non todos os resultados teñen un enlace directo ao texto completo do documento, ás veces o que obterás serán só as referencia bibliográfica (autor, título, título revistas …). ¿Como conseguimos nestes casos o texto completo dos documentos?

Imos ver un exemplo; revisa outra vez a listaxe de resultados ata localizar o seguinte artigo,  e preme no seu título para ver a información completa que nos da DialnetPlus sobre o mesmo.

 

 

Fai clic sobre    para localizar o documento a través deste xestor de enlaces da Biblioteca.

 

 

Como verás podes acceder ao texto completo do documento

 

 

 

 

Exportar resultados

Para terminar, veremos o último paso de selección e exportación das referencias dos documentos que nos interesan.

Na listaxe de resultados selecciona os 3 primeiros e preme no apartado "Selección"

 

Aparecen distintas opcións para exportar as referencias, entre elas a un xestor bibliográfico como Refworks, pero tamén a posibilidade de exportalas en formato "Texto" ou envialas ao "Correo".

 

Escolle a opción "Correo" para enviar as referencias dos documentos seleccionados ao teu correo electrónico.

Rematamos

Xa rematamos este pequeno titorial no que practicamos en DialnetPlus a execución dunha estratexia de busca ata chegar ao texto completo dos documentos e a exportación das referencias bibliográficas.

Ver os resultados:

Por favor introduza o seu nome e dirección de correo electrónico para obter unha copia do seu cuestionario.

(*) Pode indicar varias contas separadas por comas. Se está facendo esta proba dentro dun curso pode indicar tamén o do instrutor.