Con este titorial interactivo poremos en práctica a busca do noso tema en DialnetPlus para saber que hai publicado sobre o mesmo en España.
DialnetPlus facilita o acceso a contidos científicos de ámbito hispano e portugués, principalmente de revistas pero tamén de libros e capítulos de libros colectivos, teses doutorais e congresos.

 

Se precisas ampliar unha imaxe deste titorial para vela mellor, preme nela.

Á dereita tes a páxina principal de DialnetPlus.

Para avanzar neste titorial utiliza as frechas inferiores.

Comezamos!

A busca

A procura de documentos pode realizarse desde a páxina principal de DialnetPlus ou desde o menú "Buscar" da barra de navegación.

Preme na pestana "Buscar".

Amósase a pantalla de busca básica de documentos cunha única caixa onde introducir os termos.

 

Preme onde indica a imaxe superior para ver as opcións avanzadas de busca.

Se te fixas, podes escoller o tipo de documentos que queres recuperar e onde queres que aparezan os termos da busca.

Imos comezar facendo unha busca simple do noso tema, buscando na opción "Resumen" os termos  "eventos deportivos" turismo (como amosa esta imaxe).

 Cantos resultados recuperas? non demasiados, non si?

 Aquí tes uns consellos para reformular unha estratexia de busca en función dos resultados

Seguindo estas recomendacións para aumentar os resultados, imos engadir sinónimos e termos relacionados utilizando o operador OR, truncar algúns dos termos e buscar na opción "Contiene las palabras" (opción ou campo máis amplo que o de "Resumen").
A nosa ecuación de busca podería quedar así:

("eventos deportivos" OR "acontecimientos deportivos" OR "competiciones deportivas") AND (turis* OR viaj*)

Así pois, executa esta ecuación de busca como se indica na imaxe inferior (non esquezas buscar na opción "Contiene las palabras" e poñer as comiñas e parénteses no lugar correspondente).

 

Agora responde:

Cantos resultados recuperas agora?

Como podes comprobar, con esta ecuación de busca recuperamos máis resultados que coa outra!

Os resultados

Unha vez realizada a procura o sistema amosa unha pantalla cos resultados.

Na parte esquerda da pantalla aparecen unha serie de filtros que permiten acoutar os resultados.
Cada categoría ten entre parénteses un número que indica os documentos vinculados a esa categoría. Ao facer clic no recadro da categoría móstranse só os documentos que respondan a/ás opción/s marcada/s.
Imos aplicar algúns límites aos nosos resultados; no apartado de "Filtros" restrinxe a busca:


- En "Materias Dialnet" a Economía y Empresa.
- En "Rango de años" aos publicados dende o ano 2010 ao 2019.

Agora responde:

Cantos resultados quedan aplicando estes límites?

O texto completo dos documentos

1 of 2

A continuación observa os resultados e a información que se proporciona deles; verás que ademais do título do documento, autor/es, datos de publicación etc., ás veces hai tamén un enlace ao resumo e/ou ao texto completo do documento.

Na listaxe de resultados localiza o seguinte documento e accede ao seu texto completo.

 

Como podes ver, trátase dunha tese de doutoramento que está dispoñible en Acceso aberto no repositorio da Universidade de Vigo. Cal é o nome de dito repositorio?

 

O texto completo dos documentos

2 of 2

Como vimos, non todos os resultados teñen un enlace directo ao texto completo do documento, ás veces o que obterás será só a referencia bibliográfica (autor, título do artigo, título da revista…). ¿Como conseguimos nestes casos o texto completo dos documentos?

Imos ver un exemplo; revisa outra vez a listaxe de resultados ata localizar este, e preme no seu título para ver a información completa que nos da DialnetPlus sobre o mesmo.

 

Se te fixas, este documento é un capítulo da obra "Enfoques empresariales de la gestión científica, transferencia de conocimiento a la empresa" publicada no ano 2015 e que recolle os contidos presentados a unhas  "Jornadas Hispanolusas".

Fai clic sobre     para localizar o documento a través deste xestor de enlaces da Biblioteca.

Como podes observar, non temos acceso ao texto completo do documento en formato electrónico, pero podemos comprobar se o temos dispoñible noutro formato no catálogo da Biblioteca.

Accede ao catálogo da Biblioteca a través dese enlace e responde:

Cal é a signatura dun dos CD-ROM da Biblioteca do Campus de Ourense co texto completo das ponencias?

 

 

Exportar resultados

Para terminar veremos o último paso de selección e exportación das referencias dos documentos que nos interesan.
Regresa á páxina coa listaxe de resultados, selecciona os 3 primeiros e vai ao apartado "Selección".

 

Aparecen distintas opcións para exportar as referencias, entre elas a un xestor bibliográfico como Refworks, pero tamén a posibilidade de exportalas en formato "Texto".

Escolle a opción "Texto" e descarga as referencias dos documentos seleccionados no teu ordenador.

Rematamos

Xa rematamos este pequeno titorial no que practicamos en DialnetPlus a execución dunha estratexia de busca ata chegar ao texto completo dos documentos e a exportación das referencias bibliográficas.

A continuación aplicaremos a nosa estratexía de busca directamente noutras bases de datos bibliográficas.

 

 

Ver os resultados:

Por favor introduza o seu nome e dirección de correo electrónico para obter unha copia do seu cuestionario.

(*) Pode indicar varias contas separadas por comas. Se está facendo esta proba dentro dun curso pode indicar tamén o do instrutor.