Con este titorial faremos unhas prácticas sinxelas sobre como funcionan os operadores booleanos, e para isto realizaremos algunhas buscas no catálogo da Biblioteca.

Se precisas ampliar unha imaxe para vela mellor preme nela. 

    

 

Á dereita tes a páxina de busca asistida por palabra clave do catálogo da Biblioteca.

Para avanzar neste titorial utiliza as frechas inferiores

Comezamos!

Os operadores booleanos

Os operadores booleanos son moi importantes e menos complexos do que parecen. Uns termos de busca ben seleccionados e unidos cos operadores axeitados proporcionarán uns resultados moito máis adecuados.

Antes de nada, nesta imaxe tes un resumo dos operadores booleanos.

Os operadores booleanos poden formularse con AND/OR/NOT (na lingua correspondente ao recurso, por ex.: E/Y, OU/O, NON/NO...) ou con expresións verbais, como sucede se empregas a opción de busca avanzada de Google ou Google Académico

 

Imos poñelos en práctica no catálogo da Biblioteca.

AND / E / Y

Escribe na opción de "Calquer campo" o termo autismo, tal e como se amosa nesta imaxe, e executa a busca.

Agora contesta:

Cantos resultados obtés?

 

A continuación  regresa á pantalla de busca asistida por palabra clave e busca os termos autismo e alumnado, seleccionando o operador correspondente.

Cantos resultados obtés agora?

 

Poucos verdade?
O operador AND/E/Y  emprégase para buscar conceptos diferentes. O equivalente verbal sería “todas estas palabras”, e polo tanto reduce o número de resultados.

   

 

OR / OU / O

Deseguido busca autismo ou TEA, pois válenos calquera dos dous termos.

 

Cantos resultados obtés?

 

Como podes comprobar, o operador OR/OU/O aumenta o número de resultados e emprégase para combinar sinónimos e termos relacionados. O equivalente verbal sería “calquera destas palabras”. 

 

 

NOT / NON / NO

Para rematar cos operadores imos empregar o NOT, que serve para excluír aspectos que non nos interesan. Entón, busca autismo e non asperger

Cantos resultados obtés excluíndo o termo asperger?

 

O operador NOT/NON/NO úsase para reducir o número de resultados cando obtemos demasiados e non son todos relevantes, pero hai que usalo con coidado pois podemos perder información.

 

 

Rematamos

Existen moitas posibilidades de selección e combinación dos termos. No proceso de busca deberás probar diferentes opcións, cambiando os operadores e termos ata obter a información que consideres máis axeitada.
Non existe unha metodoloxía de busca ideal, poden existir distintas posibilidades ou alternativas.

É cuestión de probar e probar...