Na versión en galego do Catálogo PERSEO, o termo "Materia" pode resultar confuso, xa que o empregamos indistintamente para referirnos ás Materias que cursades (asignaturas), pero tamén ás Materias (temas) das que tratan os diferentes documentos incluídos no catálogo da biblioteca.

Con esta práctica tentamos aclararvos as diferenzas.


Imos alá!

 (fai click sobre as imaxes se queres amplialas)

 

 

A Materia / Asignatura

1 of 4

Á túa dereita tes a versión en galego do Catálogo Perseo. 


Fíxache na columna da esquerda. Entre as diferentes opcións tes “Bibliografía recomendada por: Materia”

Aí podes localizar as diferentes obras que os teus profesores/as recomendan que utilices para preparar a súa materia (asignatura), e das que a Biblioteca tenta ter a lo menos un exemplar para que poidades consultar. 

A Materia / Asignatura

2 of 4


Cando buscamos unha Materia/Asignatura, debemos facelo sempre en Galego.

Imos ver un exemplo:

Imos buscar a bibliografía recomendada na Materia " Introdución á teoría da tradución e a interpretación" de 1º do Grao de Tradución e Interpretación.

  • Preme, na pantalla da dereita, en "Bibliografía recomendada por Materia":
                  
  • Agora teclea o nome da Materia (lembra, sempre en galego): " Introdución á teoría da tradución e a interpretación"
  • Cando vexas o resultado, asegúrache de que é a que corresponde ao teu grao e curso.
  • Agora responde:

Está recomendada a obra "Text analysis in translation : theory, methodology". 

Preme no título e dinos:

Cantos exemplares hai desta obra na Biblioteca de Filoloxía (FFT)?

Hai algún exemplar na Biblioteca Central de Pontevedra?

A Materia / Asignatura

3 of 4

Outro exemplo?

Imos buscar agora a bibligrafía recomendada en 1º do Grao de CC. da Linguaxe e Est. Literarios na materia (asignatura) Idioma 2, I: Portugués:

  • Teclea no espazo correspondente o nome desta materia.
  • Agora responde:

Unha das obras recomendadas é o Dicionario de português-espanhol: [acordo ortográfico]

Podes levar en préstamo todos os exemplares da Biblioteca de Filoloxía?

 

A Materia / Asignatura

4 of 4

Quédache claro como buscar no Catálogo a Bibliografía recomendada nas materias que estás a cursar?


Pois agora imos ver a outra Materia, a que corresponde ao tema do que tratan as diferentes obras que hai na biblioteca universitaria.

A Materia / Tema

Como viches xa no curso, o catálogo Perseo inclue a descrición de todos os documentos que temos na Biblioteca Universitaria. O traballo de describir cada documento faino o persoal da Biblioteca que é quen asigna o tema (a Materia) nesas descricións.

 

Cando queremos buscar documentos sobre un tema determinado, podemos facelo empregando a busca por a Materia (o tema asignado polo persoal da Biblioteca).
E como viches nos vídeo titoriais, as materias como tema búscanse sempre en castelán, e búscanse aquí:

 

Imos ver un exemplo:

Queremos atopar información sobre a "Formación das palabras"

  • Preme en "Outra busca" - "Comezar de novo"
  • Na caixa de busca directa ou na de busca asistida seleccionamos a opción de busca por Materia
  • Lembramos que, neste caso, a busca por Materia (tema) temos que facela en castelán, así que, teclearemos "Formación de las palabras"
  • Recuperaremos un listado de temas relacionados coa formación das palabras, en xeral ou sobre un idioma concreto.
  • Fai click en "Portugués (Lengua) - Formación de las palabras"
  • Para ver se o fiseches ben, responde: 

    Cal das obras atopadas está na Biblioteca Central de Pontevedra?

 Todo ben?

Resumindo

1 of 2

No Catálogo Perseo en galego empregamos o termo "Materia" para dous tipos de busca:

- A busca da bibliografía recomendada nunha das Materias que cursamos (Asignatura). Neste caso tecleamos o nome da materia en galego na busca de Bibliografía recomendada (columna azul da esquerda do catálogo).

- A busca de documentación sobre unha Materia do noso interés (tema). Neste caso buscamos o termo en castelán no espazo correspondente á busca directa ou asistida por materia no centro da páxina do Catálogo.

Resumindo

2 of 2

Esperamos que este titorial resolvera as túas dúbidas, pero se non é así, xa sabes que na Biblioteca estamos para tentar solucionalas. Non deixes de contar con nós.

Ver os resultados: