Partindo de imaxinarnos unha situación ficticia, imos facer unhas prácticas sinxelas en Perseo, o Buscador da Biblioteca, que xa tes aberto na pantalla da dereita.

Se queres ver mellor unha imaxe, sitúate sobre ela e fai clic para aumentala.

Para navegar polo titorial utiliza as frechas inferiores

Imos aló!

Comezamos a busca

Imaxinemos que es estudante de primeiro do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e queres buscar información sobre Biomecánica para preparar mellor unha das túas materias de clase. 

Entra en Perseo e escribe a palabra Biomecánica na caixa de busca simple.

Cantos resultados recuperas?

Melloramos a busca

Si, son moitísimos resultados! 

Entre eles hai artigos, libros de investigación en inglés, teses de doutoramento, actas de congresos... 

- Pero se ti só precisas un manual!

Ti o que buscas é un manual, escrito en español, de recente publicación e, a ser posible, que podas consultar xa nalgunha Biblioteca do Campus de Vigo.

Imos ver como arreglar isto. Imos traballar cos resultados.

Para limitar os resultados a o que ti realmente necesitas empregaremos os Filtros de Perseo.

 

Os filtros de Perseo

1 of 2

Na columna situada á esquerda dos resultados, baixo “Filtrar resultados”, están os filtros que permiten ordenalos e refinalos por diferentes criterios como “Dispoñibilidade”, “Biblioteca”, “Tipo de recurso”, “Autoría”, “Data”, “Materia” etc.

Podes velos?

Deste xeito poderás chegar aos resultados que máis se aproximen ao que che interesa. Imos ver algúns deles.

Os filtros de Perseo

2 of 2

Segue estes pasos:

  • Como queres un manual, no filtro "Tipo de recurso" vas seleccionar "Libros"
  • Como non entendes moi ben o inglés, prefires que sexa en español, así que, no filtro "Idioma" selecciona "Español".
  • E como queres consultalo xa, vas seleccionar no Filtro "Dispoñibilidade" a opción "Na Biblioteca", que te indicará se a obra está dispoñible en formato físico.  
Xa sabemos que hai libros físicos en español, pero onde?
 
Como estás na Biblioteca Central de Pontevedra, queres saber se aí hai algún libro que responda ao que buscas. Desplega o filtro "Biblioteca" (así "Biblioteca") para ver en que Bibliotecas da UVigo podes atopar estas obras:
 

Hai algún libro na Biblioteca Central do Campus de Pontevedra?

 
 
 
Pero, lembra que querías unha obra recente, así que aínda podemos limitar máis os resultados:

Emprega o filtro "Data" para limitar os resultados ás obras publicadas entre o ano 2022 e 2023.

Agora si; agora xa podes recorrer os resultados e seguro que atopas algunha obra axeitada, por exemplo "Biomecánica básica". 

 

Resumindo

Cando facemos unha busca en Perseo e obtemos moitos resultados, podemos reducilos empregando os filtros que nos proporciona o buscador: tipo de recurso, data, idioma, biblioteca na que se atopa...

E para calquera dúbida, contacta coa Biblioteca.